Pepe Blanco deixa temporalmente o seu blog

mércores, 8 de abril do 2009 Marcus Fernández

Hoxe tomou posesión do seu cargo como ministro de Fomento, Pepe Blanco, o que levou ao político galego a decidir pechar temporalmente o blog que abrira en setembro de 2006, ante a dúbida de que non saber cómo compatibilizar o seu novo posto no Executivo co mantemento dunha bitácora de Internet.
Blanco considera que a súa experiencia na blogosfera foi positiva e instrutiva, pero pensa que o formato do seu caderno dixital está esgotado, polo que leva un tempo dándolle voltas ao que podería facer con este recurso, que deixará de lado durante un tempo, aínda que prometendo que en breve retomará a súa actividade blogueira. ¿Será este o punto e final do blog do agora ministro? ¿Ou pola contra gañará relevancia polo cargo que ocupa agora?

PUBLICIDADE