Pexego organiza en Lugo as IV Xornadas OpenERP

martes, 3 de maio do 2011 Redacción

Imaxe dunha pasada edición das xornadas

Os días 26 e 27 de maio terá lugar na Cámara de Comercio de Lugo a cuarta edición do foro de encontro para a localización española do ERP OpenERP, organizado pola empresa galega Pexego e dirixido a todos aqueles que teñan interese en descubrir esta ferramenta e coñecer o que vira ao redor dela.
As xornadas estatais de OpenERP pretenden ser un punto de encontro entre usuarios, instaladores e programadores de OpenERP, un completo sistema de xestión de empresas/organizacións (ERP) de licenza libre que cobre as necesidades das áreas de contabilidade, vendas, compras, almacén, inventario, proxectos, CRM, recursos humanos, TPV, tendas virtuais....
Os obxectivos son diversos: descubrir o seu ecosistema a través de conferencias, mostrar as súas características mediante tutoriais, dar a coñecer casos de éxito en mesas redondas, debater e activar o desenvolvemento de módulos de localización/verticalización, e facilitar o networking entre os asistentes. A asistencia é gratuita previa inscrición.
O programa de actividade das IV Xornadas Open ERP queda como segue:

XOVES 26
9:30 – 10:00 – Rexistro
10:00 – 10:30 – Benvida e presentación das xornadas. Santi Argüeso (Pexego)
10:30 – 11:00 – Implantación de exemplo de produción e xestión de almacéns. Albert Cervera (NaN-Tic)
11:00 – 11:30 – CRM. Integración con axendas externas .- Calendarios en clientes de correo e smartphones. Susana Izquierdo (Abartia)
11:30 – 12:00 – Configuración multi compañía con OpenERP 6. Alberto Luengo (Pexego)
12:00 – 12:30 – PAUSA CAFÉ
12:30 – 14:00 – Canles de venda en liña con OpenERP (Spree, Zoook, Treyshop). Carlos Liébana (Ting!), Raimon Esteve (Zikakmedia), Roberto Lizana (Trey)
14:00 – 16:00 – XANTAR
16:00 – 16:30 – Presentación das novidades expostas nos Community and Partner days. Ana Juaristi (Avanzosc)
16:30 – 17:00 – OpenERP como SaaS. Zzsaas. Jordi Esteve (Zikakmedia)
17:00 – 17:30 – Módulos de transporte. Albert Cervera (NaN-Tic)
17:30 – 18:00 – Orzamentos e contabilidade analítica. Susana Izquierdo (Abartia)
18:00 -19:00 – Debate: OpenERP como alternativa a outros ERPs. Alberto Barrionuevo (Opentia), Anxo Moya (Domatix)

VENRES 27
10:00 – 10:30 – Novos módulos de fabricación. Ana Juaristi (Avanzosc), Carlos Liébana (Ting!)
10:30 – 11:00 – Intervención de OpenERP sa Bélxica.
11:00 – 11:30 – Training e School : Dúas solucións para centros educativos condenadas a integrarse. Jordi Esteve (Zikakmedia), Pau Gangonells (Tecnoba) i Pere Erro (Tecnoba)
11:30 – 12:00 – Experiencias de implantación. Contadas por empresas que implantaron ou están a implantar OpenERP
12:00 – 12:30 – PAUSA CAFÉ
12:30 – 13:15 – OOOP na práctica. Pedro Graza
13:15 – 14:00 – Kettle/OOOR. Carlos Liébana (Ting!)
14:00 – 16:00 – XANTAR
16:00 – 17:00 – Espazo para charlas lóstrego (1).
17:00 – 19:00 – Estado actual da localización española. Workshop adaptación á versión 6.0. Novos desenvolvementos. Traballos da comunidade española. Retos pendentes. Modera: Borja López

PUBLICIDADE