Phone House estrea un programa de renovación anual de móbiles de alta gama

venres, 3 de agosto do 2018 Marcus Fernández

Coa presentación do iPhone 6s chegou o iPhone Upgrade Program, un xeito de poder contar sempre co último iPhone dispoñible pagando unha cota fixa mensual, e que en España operadoras como Movistar replicaría co seu servizo Siempre Nuevo, permitindo mudar de iPhone cada 12, 18 ou 24 meses. Nesta mesma liña, pero fóra de operadora, a cadea de tendas Phone House presenta agora o seu servizo Anivestreno, que non só se limitaría ao iPhone X, senón que tamén podería aplicarse a móbiles como o Samsung Galaxy S9 e S9+, en todas a súas capacidades e cores.
Este novo servizo exclusivo de Phone House permite así que por dende 1,21 euros/día un usuario poida renovar o seu móbil por outro equivalente actual sempre que leve un mínimo de 12 meses pagando a cota correspondente (o que facilita a elección do momento no que máis conveña o cambio), para o que terá que devolver o terminal anterior. O compromiso deste contrato sería de 24 meses e a cota a pagar cada mes dependerá do smartphone que se escolla na renovación (podendo elixir entre distintos terminais de alta gama nas súas distintas capacidades).
Dado que para renovar o móbil hai que entregar o anterior (funcional e coa pantalla en bo estado), recoméndase asegurar o terminal, para o que con Anivestreno tamén gózase dun desconto do 20% na póliza anual.

PUBLICIDADE