Pinball virtual de Street Fighter para Xbox 360

venres, 7 de novembro do 2008 Marcus Fernández

A proximidade do lanzamento do xogo Super Street Fighter II Turbo HD Remix serviu de inspiración a Zen Sudios para lanzar un paquete de contidos para o seu xogo Pinball FX, descargable a través de Xbox LIVE Arcade, permitindo a incorporación dunha mesa de petacos decorado cos personaxes do xogo de loita de Capcom a partir do vindeiro 12 de novembro.
O novo taboleiro para Pinball FX contará coa música orixinal de Super Street Fighter II Turbo HD Remix, e engadirá retos ao xogo de pinball. Aínda que non se anunciou o prezo deste paquete de ampliación, é de agardar que custe uns 200 Microsoft Points.

PUBLICIDADE