Piratean Windows 7 tres meses antes do seu lanzamento oficial

xoves, 30 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Tras o anuncio da versión RTM do Windows 7 chega agora unha nova máis preocupante, pois están a circular pola Rede copias do novo sistema operativo de Microsoft filtrada a través de foros chineses (da versión destinada ao fabricante Lenovo, para a súa preinstalación nos seus ordenadores) na que é posible facer unha activación completa do Windows 7 Ultimate (nas súas versión de 32 e 64 bits), non só para equipos do fabricante indicando, senón para calquera outro equipo xa que acadaron unha chave mestra que permitirá a moitos usuarios instalar o Windows 7 meses antes do seu lanzamento oficial.
Dende Microsoft recoñecen que o acontecido, pero advirten non só de que a descarga de Windows 7 a través da Internet é piratería, senón de que podería expor a moitos usuarios a riscos coma virus informáticos, troianos ou outros códigos maliciosos que poderían ocultarse nas copias que circulan do S.O. (o que aconteceu en versións filtradas anteriormente).

PUBLICIDADE