Pizza Hut comeza a aceptar pedidos dende o móbil nos EE.UU.

xoves, 17 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Os 6.200 establecementos de Pizza Hut nos EE.UU. comezarán a aceptar pedidos a través de mensaxes de texto ou da versión móbil da web da compañía, para competir co resto de empresas do sector (coma Domino’s Pizza e Papa John) que tamén modernizaron os seus sistemas de pedidos en liña e a través do móbil.
Pizza Hut que facer o seu sistema de pedidos o máis accesible posible, e co novo servizo pretende achegarse a certos clientes que «usan os seus móbiles para todos» segundo comentou a Reuters Bernard Acoca, director de comercialización dixital. Quere chegar alí onde estean os consumidores.
A venda de pizza a través da Internet xa se vén a facer nos EE.UU. dende 2001, cando a cadea Papa John estreou tal servizo que hoxe xa supón o 20% dos pedidos, éxito que se podería trasladar tamén ó móbil.

PUBLICIDADE