PlayStation prepárase para os Days of Play

martes, 29 de maio do 2018 Marcus Fernández

Entre os días 8 e 18 de xuño vai celebrarse unha nova edición dos Days of Play, promoción mundial na que se ofrecen descontos en hardware, periféricos e xogos exclusivos de PlayStation 4, e durante a que tamén estará á venda unha edición especial da PlayStation 4 a un prezo recomendado de 299,99 euros, que presenta un deseño con logotipos en dourado e 2 mandos sen fíos DUALSHOCK 4.
Outras atractivas ofertas serían un pack de introdución a PlayStation VR por 249,99 euros, os mandos DUALSHOCK 4 (incluíndo o modelo de edición limitada) por 39,99 euros, os auriculares con micrófono sen fíos Gold por 59,99 euros (o modelo Platinum custaría 149,99 euros), o xogo God of War por 49,99 euros, Gran Turismo Sport por 19,99 euros, o novo Shadow of the Colossus por 19,99 euros, Uncharted: El Legado Perdido por 19,99 euros, Uncharted 4: El Desenlace del Ladrón por 19,99 euros, Horizon Zero Dawn por 19,99 euros (29,99 euros na súa edición completa), Assassin’s Creed Origins por 39,95 euros, Grand Theft Auto V por 24,99 euros e Call of Duty WWII por 39,99 euros.
Paralelamente durante os Days of Play organízase unha competición na que poderá gañarse unha das PlayStation 4 de edición limitada, un PlayStation VR Starter Pack, unha subscrición de 12 meses a PlayStation Plus e 12 créditos de 70 euros para a PlayStation STore que entregaranse en 12 mensualidades.

Vídeo promocional dos Days of Play

PUBLICIDADE