Pocoyó baila, fala, toca instrumentos e xoga nunha nova aplicación para iPhone

luns, 2 de abril do 2012 Marcus Fernández

Tras o éxito das aplicacións de OutFit7 para móbiles como Talking Santa, Talking Tom Cat e Talking Baby Hippo entre outras, a xente de Zinkia tráenos a Talking Pocoyó, unha nova aplicación para iPhone (que agarda chegar ao iPad en breve) que permitirá falar co cativo virtual televisivo, repetindo todo o que digamos cunha voz graciosa, e ao que tamén podemos facerlle cóxegas, velo bailar e tocar instrumentos, e xogar a adiviñar o animal que imita Pocoyó. Toda unha delicia para os cativos da casa, que véndese na App Store por 1,59 euros, contando tamén con contidos de pagamento desbloqueables (como 4 novos bailes e 3 novos instrumentos musicais).
A aplicación tamén conta coa opción de gravación, para poder compartir logo o que facemos a través de Facebook ou YouTube. Para facernos unha idea do que permite esta aplicación, nada máis axeitado que ver o seu vídeo promocional, no que Pocoyó e os seus amigos amosan a nova aplicación para iPhone:

Talking Pocoyó é unha aplicación para iOS moi completa, que adaptarase en breve para o iPad

PUBLICIDADE