Podemos queda sen a conta de WhatsApp a través da que contactaba con simpatizantes

martes, 23 de abril do 2019 Marcus Fernández

En plena campaña electoral xurdía o escándalo ao denunciar o secretario de Comunicación de Podemos que WhatsApp pechara a conta do partido, coa que comunicábanse con milleiros de persoas que o solicitaran, asegurando que o equipo de xestión do partido cumpriu cos trámites previstos nas condicións de uso de WhatsApp. Aínda que sospeitábase de que Podemos estaba a empregar WhatsApp cunha conta de usuario estándar e non de negocios, ou unha ferramenta de intermediación non autorizada, confirmaron que non era así.
Dende Podemos denuncian que están a facer o mesmo que os outros partidos, aos que non pechan as contas de WhatsApp, pero semella que esquecen que para os envíos masivos WhatsApp ten unhas normas moi claras, como empregar WhatsApp Business e, no caso de usar unha ferramenta de terceiros, como Nexmo e Envía WhatsApp. Dende Podemos aseguran empregar esta última (a mesma que o PSOE), pero asociaron varios números de teléfono ao partido, o que puido ter disparado os mecanismos de detección de uso abusivo da plataforma de mensaxería, provocando o peche automático das contas detectadas.

PUBLICIDADE