Pontevedra acolle esta semana a quinta edición do Congreso FLÚOR

luns, 22 de maio do 2023 S. P.

A finais desta semana, o xoves 25 e o venres 26 de maio, terá lugar eh Pontevedra a 5ª edición do Congreso Atlántico de Mercadotecnia Dixital FLÚOR que centrará os seus contidos no comercio omnicanle, como ter éxito en TikTok, a Intelixencia Artificial (IA) en mercadotecnia ou o auxe do audio en liña (música, podcasts, radios...).
Indo ao encontro en cuestión, dicir que contará con 10 conferencias, 4 mesas redondas e 4 obradoiros prácticos, o dito evento será presencial e tamén emitido en directo por streaming na web do congreso, ademais da opción de verse a través dunha canle propia na plataforma de Twitch.
A Mesa redonda titulada Omnicanle: exemplos próximos de estratexias de Mercadotecnia, estará moderada por Rubén Bastón, director de Mercadotecnia4eCommerce e participarán representantes de 4 empresas galegas: Pablo Aranda (director dixital en Roberto Verino); Julián Hernández (director de mercadotecnia de Velgasa-Eroski); Diego Piñeiro (director innovación en Selmark) e Cris Costa (mercadotecnia manager de Adegas Marqués de Vizhoja). Esta mesa redonda celebrarase en colaboración co Clúster do Ecommerce Galego, que celebrará un encontro dentro do Congreso Flúor.
Doutra banda, a mesa Tiktokers Galicia: como arrasar en Tiktok desde este recuncho do mundo, estará moderada por José Casás (axencia Picnic Ideas Felices), sendo os relatores Carlos Amado (coordinador de novos formatos dixitais en TVG e coordinador de #DígochoEU); Esther Estévez (presentadora de #DígochoEu) e Paula @blondiemuser (creadora de contidos galegos de sustentabilidade e lifestyle).
Cómpre informar que este Congreso contará coa presenza doutros relatores salientábeis como: Sara Veiga (directora de Mercadotecnia e Comunicación de Fnac); José Cabanas (CMO de Fillos de Rivera), Óscar de Castro (Director Global de Comunicación e Estratexia Creativa de Pull&Bear), Alejandra Chacón (Directora de estratexia en Havas Media, influencer e activista especialista en xénero, comunicación e publicidade), Fernando Muñoz (especialista en posicionamento en buscadores (SEO), socio do Grupo Raíz) e Simone Serasini (director creativo da axencia multinacional Accenture Song, que absorbeu en España a Shackleton).
Asemade, engadir que haberá máis mesas redondas, como unha sobre a mercadotecnia en centros comerciais, na que participarán Mamen Sánchez (responsábel de Mercadotecnia e Specialty Leasing en Caleido-Madrid); Lorena Rey (responsábel de mercadotecnia en C.C. Marineda City-A Coruña) e Carmen Luna (directora de Mercadotecnia e subdirectora de Ànecblau-Castelldefels, BCN).
Outra mesa redonda centrarase no boom do audio en liña, (podcast, música, radio) con tres dos seus grandes protagonistas: Rodrigo González (comercial de Spotify); Rocío Echevarría (directora de negocio do grupo de medios Prisa) y Álex Medina (director xeral adxunto de Audiomotion).
O Congreso Atlántico de Mercadotecnia está organizado polo Clúster de Comunicación de Galicia e a Concellería de Promoción Económica do Concello de Pontevedra, a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, Abanca e Recados Carmen, Avante Evolumedia, a Deputación de Pontevedra, o Consello Social da Universidade de Vigo, Redegal e Dinahosting.

PUBLICIDADE