Pontón visita a Cidade das TIC e cualifica o proxecto de “oportunidade única”

luns, 19 de decembro do 2022 S. P.

A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, visitou na mañá deste luns 19 de decembro as obras da futura Cidade das TIC na Coruña, un área de 128 quilómetros cadrados para o desenvolvemento da innovación tecnolóxica e de empresas punteiras que se está a materializar na sede da antiga Fábrica de Armas.
Pontón, que estivo acompañada do portavoz municipal, Francisco Jorquera, da concelleira Avia Veira e da deputada pola Coruña, Mercedes Queixas, foi guiada polos distintos elementos da nova infraestrutura polo reitor da UDC, Julio Abalde, e polo presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral.
En palabras de Pontón, “a Cidade das TIC é unha gran xanela de oportunidade para pór Galiza á vangarda da ciencia e das n ovas tecnoloxías”. Tamén aproveitou para pedir un pacto galego pola ciencia “elevando o investimento ao 2,5% do PIB” e “creando InnoGAL”, unha iniciativa galega ao servizo da captación e retención de talento. Para Pontón, a Cidade das TIC, xunto posta en marcha da AESIA (a Axencia Española para a Supervisión da Intelixencia Artificial, que terá a súa sede na Coruña) é “unha oportunidade única para a cidade galega e para o conxunto do país”.
Como dixemos, a líder do BNG puxo o foco nun “necesario pacto galego pola ciencia e a innovación, un pacto que permita que cara o horizonte do 2030 destinemos o 2,5% do PIB a este ámbito, que é fundamental tanto para desenvolver as tecnoloxías emerxentes no noso país como para mellorar a competitividade das nosas empresas e facer de Galiza un referente neste ámbito”.
Para orientar a Galiza nesa dirección, a portavoz nacional detallou as propostas do BNG para
O BNG propón ademais a creación de InnoGal, un programa de retención, captación e retorno de talento, semellante aos xa existentes en Euskadi (Ikerbasque) e en Catalunya (iCrea). Este programa, dixo, “promovería a contratación de persoal investigador, máis aló do vinculado ás universidades, e deseñar unha carreira investigadora completa e estábel para evitar un custe de perda de talento investigador”. Pontón dixo que este custe “pode chegar cada ano pode chegar até os 311 millóns de euros, o que implica que nas última década Galiza perdeu máis de 3.000 millóns de euros en talento investigar formado pero que marchou do país”, explicou, ao tempo que propuxo a creación dun consorcio de captación e competencias dixitais coa participación da Xunta, as entidades locais e o sistema universitario, que avance na dixitalización das administracións e das empresas, con atención especial ás pequenas e medianas empresas e á economía social, ademais de poñer o foco nos procesos de dixitalización dos lugares de ensino, arquivos e biblioteca.
Para o financiamento destas medidas o BNG propón destinar a ese fin o 2,5% do PIB como reto a acadar de aquí a 2030 para “situar a Galiza na media europea e sacala do furgón de cola onde está hoxe cun investimento que apenas acada o 1% do PIB”.

PUBLICIDADE