Por que contratar un freelance para que deseñe o teu sitio web?

luns, 14 de marzo do 2022

Na actualidade, o mundo dixital está en pleno auxe. É por isto que, dispoñer dunha páxina web actualizada e ben deseñada, resulta unha excelente ferramenta de comunicación entre a empresa e os seus clientes ou potenciais clientes. Unha páxina web defínese como o conxunto de información que se atopa situada nun determinado enderezo da Internet e que pode conter textos, imaxes e vídeos.

A continuación, detallamos os elementos que debe conter unha páxina web, aínda que sempre poderemos engadir máis disto, se o consideramos necesario:
– Encabezado: É o elemento co que o usuario ten a primeira toma de contacto. Ha de resultar a interesante a fin de convidarnos a navegar por ela. Por exemplo, unha imaxe atractiva que sexa representativa do que atoparemos na web. Trátase, por tanto, dunha moi boa tarxeta de presentación da empresa.
– Botóns de redes sociais: Estes, mediante un clic, levarannos directamente ás redes sociais da empresa. Poden estar situados nun lateral da páxina web, na parte final desta ou mesmo, nunha páxina específica dentro da web.
– Produtos/Servizos: Trátase doutro dos elementos máis importantes e fundamentais nunha páxina web. Aí amosaremos os produtos ou servizos que a nosa empresa ofrece.
– Blog corporativo: Totalmente opcional pero si moi recomendable para que as persoas que busquen sobre produtos ou servizos semellantes aos que ofrecemos, atópennos nas procuras que realizan na Internet.
– Contacto: Trátase dunha sección moi importante tanto para ofrecer ao usuario solucións personalizadas como para crear unha base de datos dos nosos clientes ou potenciais clientes. Un dos recursos que están de pleno auxe na actualidade son os chats en vivo para resolver dúbidas.
– Xeolocalización: Determina onde está a empresa. Así mesmo, gran parte das procuras realízanse desde o móbil, polo que a localización aparecerá facilmente no navegador do noso terminal.
– Quen son: Outra das seccións fundamentais. Aquí débese explicar aos clientes ou potenciais clientes quen somos e que podemos facer por eles, creando así unha ligazón entre a empresa e o cliente.

Unha vez determinados os aspectos que debe conter unha páxina web para que resulte efectiva, cabe sinalar a importancia da mesma para o noso negocio ou empresa. É por isto que resulta moi recomendable que comprendamos as nosas limitacións e deixemos o traballo de deseño da nosa web para os profesionais.

Na actualidade, existen numerosas plataformas nas que podemos deseñar a nosa web a través de persoais dunha maneira moito máis sinxela que se tivésemos que creala desde cero. Ademais, estas plataformas adoitan ser de balde pero, resulta moi importante que o traballo sexa realizade por un profesional do sector. Deste xeito, asegurarémonos de que os resultados son os desexados, ademais de que aforraremos tempo. Por tanto, non perdas o teu tempo e bota unha ollada ao creador de sitios web gratuítos. E deixa en mans dun profesional a creación da páxina web ideal para o teu negocio ou empresa.

Un deseñador web freelance é un profesional autónomo experto no deseño de páxinas web. Os seus servizos pódense solicitar para a creación dun novo sitio web, así como para a reestruturación dun sitio web xa existente pero que non está a cumprir cos resultados desexados.

En primeiro lugar, hai que explicar ao deseñador freelance que é o que se pretende conseguir, así como deixarse asesorar por el, xa que se trata dun experto na materia. El pode crear unha web atractiva en pouco tempo, que resulte intuitiva e que axude ás empresas para mellorar os seus resultados de vendas, permitindo darnos a coñecer dentro do mercado nacional ou estranxeiro, así como permitíndonos mellorar a comunicación cos nosos clientes ou potenciais clientes.

Algunhas das vantaxes de contratar un deseñador web freelance son as seguintes:
– Prezos asumibles: Habitualmente, estes profesionais traballan desde a súa casa polo que non teñen que facer fronte a pagamentos de alugueiro nin subministracións. Por tanto, os seus prezos resultan máis asubmiles que os que pode ofrecer unha axencia de deseño web. Ademais, nas plataformas que ofrecen estes servizos, podes comprobar a primeira ollada os prezos dos mesmos, sen necesidade de chamadas ou envíos de varios correos electrónicos para coñecer os prezos do servizo, o que tamén supón un aforro de tempo.
– Comunicación directa: Cun freelance, non haberá intermediarios polo que todas as consultas sobre a web ou modificacións de deseño, trátase directamente coa persoa que está a desenvolver a nosa web.
– Estilo orixinal: Propio de cada un dos profesionais que traballan con freelance no deseño web.
– Flexibilidade para facer cambios no deseño web: Adoitan traballar nun só deseño web, polo que manteñen unha boa comunicación cos seus clientes, podendo ser flexibles en canto a modificacións e prazos de entrega de cada un dos proxectos. Permanecendo enfocados nun único traballo que lles permitirá que este sexa entregado no prazo acordado.

É por isto que, contratar un deseñador web freelance para a creación da web da nosa empresa ou negocio, resultará sempre un acerto.

PUBLICIDADE