Posibles demoras na chegada ao mercado de móbiles co sistema operativo Android

luns, 23 de xuño do 2008 Marcus Fernández

En novembro Google anunciou a creación dunha alianza na que toman parte unhas 34 empresas e que traballarían para facer posible unha plataforma de software para dispositivos móbiles chamada Android, que nun principio debería de achegar os primeiros móbiles na segunda metade do ano, pero agora xa falan de que, como moi cedo, chegarían no último trimestre do ano, estimando algúns analistas que ata o ano que vén non comezará a funcionar a nova plataforma, que parece ter que superar moitos atrancos no desenvolvemento de aplicacións, e nun primeiro momento non parece contar co apoio dos principais desenvolvedores de software para móbiles, que continúan a centrar os seus esforzos en plataformas consolidades como Symbian, Windows Mobile ou mesmo o Mac OS X do iPhone.
De todos os xeitos, dende Google agardan que o éxito de Android só sexa cuestión de tempo.

PUBLICIDADE