Posta en marcha a Rede de Comercio Rural Galego

martes, 8 de maio do 2007

Mellorar a calidade de vida no rural e a competitividade dos comercios a través das novas tecnoloxías. Ese é un dos obxectivos da Rede de Comercio Rural Galego que vén de presentar a Consellería de Innovación no Parlamento. Segundo comentou o conselleiro Fernando Blanco, o departamento que dirixe xa fixo a diagnose da situación e definición do modelo de xestión desta rede comercial, “polo que se procederá nos vindeiros meses a difundir o proxecto en todo o país, realizar cursos de formación entre grupos de acción local e fundacións comarcais e, finalmente, seleccionar catro establecementos ou tendas piloto que estarán operativas este mesmo ano”. O proxecto conta cun investimento da Consellaría de máis de 4 millóns de euros nos próximos catro anos. Segundo Innovación a iniciativa responde á necesidade dunha modernización no comercio rural da nosa terra.

PUBLICIDADE