Premian un sistema de fotogrametrÃa desenvolvido no CiTIUS
venres, 22 de xaneiro do 2021
A Fundación da EnerxÃa da
Comunidade de Madrid concedeu ao grupo do investigador principal do CiTIUS,
Francisco Fernández Rivera, unha das distincións particulares do concurso
promovido durante o Congreso CivilDRON’20,
en «Recoñecemento á Innovación na aplicación dos drons no sector civil».
O
premio distingue as técnicas desenvolvidas no CiTIUS para a entrega de
mercadorÃas lixeiras aerotransportadas en contornas de difÃcil acceso, e é
froito dunha convocatoria promovida polos organizadores do congreso en torno ao
uso e aplicación de drons na realización de tarefas ou actividades profesionais
ou empresariais (labores de inspección de infraestruturas, control de pragas en
agricultura, documentación de catastros, avaliación de danos en catástrofes,
etc.).
A iniciativa xorde para fomentar o coñecemento das
aplicacións e usos dos drons na sociedade civil, posto que a utilización destas
tecnoloxÃas contribúe ao aforro e optimización dos recursos enerxéticos no
desempeño de tarefas e labores no ámbito civil, ademais de evitar riscos e
mellorar a seguridade.
Os promotores do concurso, que quixeron destacar o alto
nivel das propostas presentadas, aseguraron que «dada a gran calidade das
candidaturas recibidas, desde a Fundación decidimos outorgar varios
recoñecementos particulares». Para José Carlos Cabaleiro, investigador
responsable do proxecto recoñecido, «este premio é a constatación de que a nosa
investigación no tratamento eficiente de nubes de puntos 3D pode dar solución a
problemas de importancia social, como sucede neste caso particular, xa que a
súa implementación permitirá, por exemplo, aumentar a seguridade dos peregrinos
no Camiño de Santiago», explica.
Explicación da tecnoloxÃa de fotogrametrÃa premiada no Congreso CivilDRON’20