Prenden en Madrid ao fundador de GirlsDoPorn

venres, 23 de decembro do 2022 Marcus Fernández

A Policía Nacional anunciou hoxe a detención en España do neozelandés Michael James Pratt no marco dunha operación conxunta co FBI, US Marshals e a OCN Interpol Madrid. O detido é un dos criminais incluídos da listaxe dos 10 fuxitivos máis buscados polo FBI, e fora condenado a cadea perpetua nos EE.UU. por delitos de pornografía infantil, explotación sexual, agresión sexual e ganancias ilícitas de máis de 17 millóns de dólares.
Pratt era o fundador da popular páxina web GirlsDoPorn e dedicábase á produción audiovisual pornográfica con malas prácticas, xa que recrutaba a menores e mulleres novas de EE.UU. e Canadá ás que filmaba tras convencelas de que as gravacións non verían a luz, chegando incluso a forzar a algunha das mozas a realizar prácticas sexuais ás que se negaran previamente.
Estamos ante a primeira detención en España dun dos delincuentes na listas dos máis buscados nos EE.UU. polo que se ofrecía unha recompensa de 100.000 dólares por pistas que puidesen levar á súa detención. O arresto efectuouse nun céntrico hotel madrileño, onde Pratt estaba aloxado baixo unha das súas múltiples identidades falsas.

Estamos ante a primeira vez que se detén en España a un dos fuxitivos máis buscados polo FBI

PUBLICIDADE