Presentan o baixo de McCartney para o Rock Band dos Beatles

mércores, 13 de maio do 2009 Marcus Fernández

Tras coñecerse a aparencia das guitarras para o The Beatles: Rock Band (réplicas da Rickenbacker 325 de John Lennon e da Gertsch Duo Jet de George Harrison) chega agora a primeira imaxe do controlador para consola de videoxogos que emula a aparencia do baixo Höfner de Paul McCartney, e que presenta un acabado de moita calidade e vai estar incluído no pack do xogo musical dos Beatles con todos os instrumentos (aínda que é de agardar que tamén poida adquirirse solto, a un prezo de preto de 75 euros).

PUBLICIDADE