Presentan en Madrid un informe sobre o estado actual da prensa dixital

mércores, 22 de xaneiro do 2014 Redacción

David Levy será o encargado de presentar o Digital News Report 2013

O vindeiro venres, día no que os xornalistas celebran o día do seu patrón, San Francisco de Sales, o Centro Internacional de Prensa de Madrid celebrará a segunda edición de Convesariones con, evento no que participará David Levy, director do Reuters Instituto for the Study of Journalism da Universidade de Oxford para presentar o Digital News Report 2013 (dispoñible para a súa descarga en formato PDF), informe baseado en máis de 11.000 entrevistas persoais realizadas en Alemaña, Brasil, Dinamarca, EE.UU., Francia, Italia, Xapón, Reino Unido e España e que resume o actual estado da información xornalística no escenario dixital.
No acto proxectarse un resumo dunha serie de entrevistas en vídeo realizadas durante as pasadas semanas a 24 xornalistas de diferentes medios para analizar o futuro da información e debater sobre cuestións como o pagamento de contidos na Internet, as calidades do xornalista do século XXI, a independencia en tempos de crise económica e o papel das redes no xornalismo profesional.


Vídeo promocional da segunda edición de Conversaciones con

PUBLICIDADE