Presentan un novo mando a distancia multimedia para a PS4

venres, 24 de agosto do 2018 Marcus Fernández

Aínda que a PlayStation 4 sexa unha consola con numerosas aplicacións para o consumo audiovisual, o seu uso é sumamente incómodo mediante un gamepad e, curiosamente, Sony (en contraste con Microsoft) non comercializa ningún mando a distancia multimedia oficial para a súa consola aínda que, por fortuna, si concedeu ao fabricante PDP a licenza para poder facer tal, de xeito que podemos atopar nas tendas algúns mandos pensados en optimizar o consumo multimedia na PS4.
Un destes produtos é o mando simple Media Remote de PDP, que en breve vai actualizarse cunha versión máis versátil, o Cloud Remote, que, aparte de contar cos botóns básicos do mando de PS4 e de control multimedia, tamén inclúe botóns de apagado, selección de entrada e control de volume para o televisor que poden programarse de xeito automático grazas a aplicación descargable deste mando que nos EE.UU. terá un prezo de 29,99 dólares, e distribuirase directamente e a través de GameStop e Amazon, sendo esta ultima plataforma a que probablemente achegue este mando a España a finais de setembro.

O mando conta cos botóns básicos do DUALSHOCK 4, pero inclúe tamén botóns específicos para poder suplir o mando do televisor á hora de querer empregar a PS4 como sistema de reprodución multimedia

PUBLICIDADE