Presentan unha nova distribución de Linux inspirada en Google

venres, 2 de novembro do 2007 Marcus Fernández

Este xoves o californiano David Liu presentou oficialmente o sistema operativo gOS que está baseado en Ubunto-Linux e que pretende ser «un Sistema Operativo altenativo coas aplicacións de Google e outras aplicacións Web 2.0 para tódolos públicos».
A nova distribución de Linux estaría claramente inspirada en Google e pode funcionar en equipos bastante básicos coma o Everex TC2502 (que se vende por uns 198 dólares) sen que o hardware de baixa gama force a prescindir dun contorno gráfico elegante e atractivo coma o que achega o xestor de fiestras Enlightement.
Co lanzamento de gOS e coa comercialización de equipos de baixas prestacións podemos ver que existe un mercado para dispositivos dedicados practicamente a navegar pola Rede e acceder a documentos ofimáticos sen moitas outras prestacións adicionais.

PUBLICIDADE