Presidencia presenta a nova feitura da súa web

martes, 16 de xaneiro do 2007 Fernando Sarasketa

A Consellería de Presidencia quere converterse nun departamento máis accesible para os cidadáns. Con esta finalidade e tendo en conta que a face na Rede das institucións públicas vai estreitamente cinguida á imaxe que os cidadáns teñen delas, vén de someter á súa web a unha serie de reformas.
Así, a nova páxina inclúe novos contidos e novo deseño, coa información organizada en diferentes seccións que se corresponden coas direccións xerais, co fin de facilitar a navegación e facela máis visual.
O gran obxectivo de Presidencia con esta nova feitura do seu espazo web é “achegar a cidadáns, institucións e empresas a todos os servizos que este departamento ofrece na Rede, cunha organización da información máis sinxela e intuitiva”.
Ademais, a nova feitura da web vai encamiñada a axilizar na medida do posible as procuras de información e os trámites e xestións que os cidadáns queiran levar a cabo. A páxina, segundo apunta Presidencia, segue as normas fundamentais de accesibilidade e usabilidade.

PUBLICIDADE