Procreate Dreams convida a crear animacións no iPad
venres, 24 de novembro do 2023
En
setembro os responsables de Procreate, a
aplicación máis popular para a realización de ilustracións dende o iPad,
anunciaron unha nova aplicación que aproveitarÃa moitas das mecánicas creadas
no seu programa anterior e aplicarÃas á animación. Procreate
Dreams saÃu á venda esta mesma semana a un prezo de 22,99 euros como pago
único, en contrate coas subscrición de pagamento que tan de moda están.
Esta nova aplicación busca reducir a curva de aprendizaxe da animación, asÃ
como ser unha ferramenta divertida convidando ao usuario a xogar creando
distintos efectos e animacións dende cero ou aplicándoas a imaxes e vÃdeos
existentes.
En Procreate Dreams pode crearse case de todo, dende animación imaxe a imaxe,
até animacións baseadas en fotogramas claves, para facer animacións en dúas
dimensións, engadir elementos animados a vÃdeos reais ou, simplemente, crear
pequenas animacións que despois converter en adhesivos animados para utilizar en
redes sociais. E todo isto podendo previsualizarse en tempo real, dando conta das
grandes posibilidades que ten o iPad como ferramenta creativa.