Prohiben a venda do Microsoft Word nos EE.UU.

mércores, 12 de agosto do 2009 Marcus Fernández

O xuíz texano Leonard Davis determinou «a prohibición a Microsoft da venda ou importación aos EE.UU. de calquera produto de Microsoft Word que teña a capacidade de abrir documentos .XML, .DOCX ou DOCM (ficheiros XML) que conteñan XML personalizado», segundo anunciou a firma de avogados McKool Smith, posto que a compañía de Redmond estaría a infrinxir unha patente da compañía de Toronto i4i Inc.
A sentenza tamén requiriría o pagamento por parte de Microsoft a i4i de 200 millóns de dólares en compensación, aos que se engadirían outros 77 millóns noutros conceptos, aínda que Microsoft apelará a decisión xudicial.

PUBLICIDADE