Purgan máis de 5.000 votos fraudulentos da web española de Eurovisión

luns, 29 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Soraya e Melody lideran as votacións na web de Eurovisión

As votacións a través de MySpace que o ano pasado levaron a Rodolfo Chikilicuatre a representar a España en desenvolvéronse nun proceso que só se pode cualificar coma desfeita, cunha chea de incidencias que desprestixiaron totalmente a plataforma empregada, polo que para a presente edición do certame decidiron levar o asunto con máis tino, utilizando unhas bases máis rigorosas e realizando unha limpeza de votos fraudulentos (obra de sistemas automatizados), que superarían os 5.000, correspondendo boa parte a Antonio El Gato, que xa fora descualificado o ano pasado polo mesmo motivo.
Como consecuencia vemos que os temas máis votados correspóndense co que era de agardar, e os intérpretes con máis sona o teñen máis doado, liderando as votacións Soraya Amelas Rubiales (concursante dunha pasada edición de Operación Triunfo) e Melody y los Vivancos, que neste momento superan os 30.000 votos, superando sobradamente aos seguintes competidores, que rondarían os 20.000 votos.
As votacións permanecerán abertas ata o 19 de xaneiro de 2009 ás 23:59 horas, tras o que se elaborará unha listaxe cos 5 candidatos máis votados por cada categorías, que pasarán a unha segunda fase do proceso: as galas e os casting en televisión.

PUBLICIDADE