Qualcomm presenta os módulos que facilitarán as conexións móbiles 5G

luns, 23 de xullo do 2018 Marcus Fernández

Qualcomm presentou hoxe o módulo de antena QTM052 mmWave e o módulo de radiofrecuencia QPM56xx, que en combinación cun modem 5G Qualcomm Snapdragon X50 suporía a introdución da conectividade 5G en smartphones e outros dispositivos, adiantándose así á comercialización a grande escala desta tecnoloxía prevista globalmente para 2020, de xeito que durante o ano que vén poderemos ver numerosos dispositivos que poderán tirar proveito da nova xeración de conectividade móbil.
Este novo módulo de Qualcomm busca cubrir diferentes escenarios, de xeito que emprega mmWave para ter conectividade en áreas urbanas e unha cobertura máis ampla mediante as bandas por debaixo dos 6 GHz, ou sexa, que tanto cubre as conexións de até a banda dos 800 MHz como as frecuencias que van entre os 26,5 e 29,5 GHz, entre os 27,5 e 28,35 GHz e entre os 37 e os 40 GHz para mmWave como as bandas de 3,3-4,2 GHz, 3,3-3,8 GHz, 4,4-5,0 GHz para aplicacións MIMO.

PUBLICIDADE