Quantis achega unha tarifa de telefonía fixa baseada en satálite sen cota mensual

mércores, 9 de setembro do 2015 Redacción

Quantis, operador español de servizos de telecomunicacións por satélite, ofrece servizos de telefonía fixa a través de satélite en Galicia, cunha completa oferta na que destaca a ausencia de cotas de mantemento de liña e diferentes opcións de tarifa plana tanto a números fixos como móbiles, nacionais e internacionais.
Os servizos de telefonía de Quantis van asociados aos servizos de acceso a Internet vía satélite que, normalmente, se contratan en zonas con mala cobertura terrestre ou móbil. Alejandro Sanmartín, director de Marketing e Operacións de Quantis asegura que o seu obxectivo "é evitar a discriminación no acceso á banda larga e a telefonía fixa daqueles particulares e empresas que se atopan en zonas esquecidas polos operadores tradicionais".
Segundo Quantis, a ausencia de cota de liña supón un aforro medio de 180 euros ao ano con respecto ás tarifas dos operadores de ADSL.
Os usuarios dos servizos vía satélite de Quantis poden optar por unha tarifa de chamadas ilimitadas a fixos nacionais por 9 euros ao mes; ou ben 1.000 minutos a fixos e móbiles, por 15 euros ao mes; así como por 400 minutos a Europa, Estados Unidos e Canadá por 9 euros ao mes. Tamén considera o pagamento por consumo, coa vantaxe de que non se paga unha cota mensual, o que permite pagar só polas chamadas que se realicen. Aos prezos comentados habería que engadirlle o correspondente IVE.

PUBLICIDADE