Quécarallo?! chega coma un novo foro web para a comunidade galega

luns, 24 de xaneiro do 2011 Marcus Fernández

Para atender o que entenden que é un baleiro que quedou na Rede tras o peche dalgunhas páxinas web de referencia en Galicia vén de nacer o foro Quécarallo?!, plataforma complementaria ás redes sociais que busca xuntar á escena internauta galega nunha canle de comunicación «de todos para todos» que permite organizar quedadas, concentrar información sobre concertos, eventos culturais e lugares de interese da comunidade galega nun so lugar.
Amais, Quécarallo?! serve como punto de partida e apoio a futuros proxectos web da comunidade, con independencia de tamaño ou lingua, e conta na actualidade con preto dun milleiro de usuarios rexistros e de 30.000 mensaxes no seu sistema soportado por MyBB, unha solución de código libre para a organización de foros que grazas a esta comunidade foi traducida ao galego.

A actualidade cultural ten relevancia en Quécarallo?!

PUBLICIDADE