Queremos Galego distribúe material gráfico para promover a mobilización do 18 de outubro

xoves, 1 de outubro do 2009 Fernando Sarasketa

Un dos banners da mobilización

A estas alturas, unha boa parte da comunidade internauta galegofalante estará xa ao tanto da convocatoria do 18 de outubro, pero con respecto a mobilizacións onde o que se require é a defensa do noso patrimonio (neste caso a nosa lingua), non está de máis un recordatorio. Así o entende a plataforma cidadá Queremos Galego, que está a poñer a disposición das blogueiras e blogueiros material gráfico do máis variado para promover a devandita mobilización en Santiago de Compostela (na que, por certo, podería haber xente de máis ideoloxías que as agardadas, mesmo do PP).
Os recursos a distribuír son de todos os tamaños e feituras, co fin de adaptarse ás necesidades de cada quen. Sinalar que a devandita plataforma constituíuse o pasado mes de xullo como canle de resposta social ás medidas que o Goberno da Xunta está a tomar con respecto ao galego.

PUBLICIDADE