R estrea en Ponteareas a súa tenda itinerante

martes, 7 de xullo do 2009 Marcus Fernández

A empresa galega de telecomunicacións R, para completar as súa accións a través da súa rede de distribuidores e tendas propias (en A Coruña, Vigo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Ourense), conta agora cunha tenda itinerante que pretende presentar en sociedade á súa compañía nas pequenas vilas galegas onde xa dan servizo.
O módulo que serve de tenda R inicia o seu percorrido na praza Maior de Ponteareas, onde quedará uns días para desprazarse logo a Mondoñedo, O Porriño, A Estrada, Lalín, Carballo e Xinzo de Limia.

PUBLICIDADE