R xa achega Fibra MAX a 13.000 fogares e empresas de Cambre, Cangas e Ribadeo

xoves, 5 de xaneiro do 2023 S. P.

A operadora de orixe galega R rematou o ano facendo balance da súa cobertura de fibra óptica (tecnoloxía FTTH) nos concellos de Cambre, Cangas e Ribadeo, onde foi quen de dar importantes pasos en número de fogares e empresas que teñen ao seu dispor a banda larga proporcionada por R, con todas as vantaxes (de comunicación, de acceso á información, de teletraballo, de formación e de lecer) que a fibra avanzada pon en xogo.
No caso de Cambre, máis de 5.000 negocios e vivendas particulares do concello descubriron xa as vantaxes da fibra MAX de R, achegándolles até 10 GB de velocidade da Internet, o que representa, segundo R, unha rapidez catro veces maior ca outras fibras. A operadora tamén explica que se trata dun servizo simétrico, con igual velocidade de subida que de baixada e que se ben de momento os usuarios/as particulares xa gozan de 1 Gb, a infraestrutura está preparada para chegar aos 10 Gb.
No que atinxe a Cangas, a fibra de R (a de “meirande velocidade, seguridade e prestacións do mercado”, en palabras da empresa), máis de 3.000 empresas e particulares de Cangas xa están a aproveitar as vantaxes da fibra óptica ata o fogar (FTTH). E con este ano que comeza a intención é “seguir impulsando tarefas de mellora continua para sermos o operador con máis cobertura propia na localidade”, indican dende R.
Por último, Ribadeo é outro dos concellos que “contan coa rede de fibra máis rápida do mercado” e no seu termo municipal arredor de 5.000 vivendas e negocios están a tirar proveito xa da fibra MAX que ofrece a operadora de orixe galega. A empresa explica ás familias e empresas do concello que aínda non contan coa súa cobertura que a súa intención é ser “a operadora con máis cobertura propia en Ribadeo, así que seguimos traballando para que cada vez máis veciños poidan acceder á rede de fibra máis moderna do mercado”.

PUBLICIDADE