RadioPlayer estrea skill de Alexa para escoitar a Radio Galega

martes, 28 de abril do 2020 Marcus Fernández

O pasado mes de outubro chegou a España a aplicación móbil Radioplayer, facilitando a escoita de máis de 300 emisoras de radio entre as que destacan as da Radio Galega, e que agora vai un paso máis aló ao estrear skill de Alexa, o que permite acceder ao servizo directamente dende altofalantes con Alexa, para o que só é preciso dicir, por exemplo, «Alexa, pide a Radioplayer que ponga Radio Galega».
Esta plataforma facilita escoitar a Radio Galega, Radio Galega Música, Son Galicia Radio e incluso Radio Picariña, tanto dende dispositivos móbiles como en altofalantes conectados de Amazon (e doutras marcas que adoptaron o asistente Alexa), de xeito que as emisoras públicas da nosa terra teñen máis doada a súa recepción a través dunha chea de trebellos, contribuíndo a que os galegos poidamos gozar de información e lecer en medios de proximidade que empregan o galego como vehículo de comunicación.

PUBLICIDADE