Record de portabilidades móbiles durante o pasado mes de xullo

luns, 23 de setembro do 2013 Marcus Fernández

Ganancia neta de liñas móbiles durante xullo de 2013 (en milleiros)

A Comisión do Mercado das Telecomunicación publicou hoxe a súa nota mensual correspondente a xullo, destacando o feito de que bateuse unha nova marca en portabilidades móbiles, que chegan así a 638.948, superando a marca anterior rexistrada o paso mes de xaneiro (con 636.616 cambios de compañía).
No mes de xullo tamén contabilizouse a mellor cifra de altas de móbil durante o ano, polo que parece estar a frearse o descenso de liñas experimentado entre agosto de 2012 e maio de 2013, aínda que falta moito para recuperar o nivel de hai un ano.
O crecemento de liñas móbiles acumulouse nos contratos (con 236.123 liñas máis), o que compensou a caída de liñas de prepagamento (38.304) e de tarxetas de datos (27.963), conseguindo así que o mes de xullo pechase con 52,19 liñas móbiles.
As empresas que máis clientes perderon en xullo volven a ser Movistar e Vodafone, mentres que os operadores móbiles virtuais (OMV) trunfan á hora de recibir liñas, aínda que este mes tamén Orange e Yoigo rexistraron resultados positivos.
No relativo á banda larga, a fibra óptica superou as 22.052 novas liñas, cantidade moi superior ás 12.418 novas liñas con tecnoloxía xDSL, conseguindo que hoxe a fibra óptica chegue directamente ata 468.910 liñas. A telefonía fixa tamén continúa a súa caída, con 48.096 liñas menos (o 65% correspondentes a negocios) e quedando en só 18,9 millóns. Este tipo de telefonía tamén experimente un importante crecemento das súas portabilidades, que foron 153,117 durante o mes de xullo (un 21,3% máis que no mesmo período do ano anterior).

PUBLICIDADE