Redada no CeBIT por presunta violación de patentes

xoves, 4 de marzo do 2010 Marcus Fernández

A pasada noite unha ducia de policías e axentes da Fiscalía de Hannover efectuaron varios rexistros en expositores da feira tecnolóxica CeBIT, principalmente de empresas chinesas, en resposta a 28 denuncias por produtos amosados no evento que serían produto dun roubo de patentes. Na operación incautáronse ordenadores, reprodutores de MP3 e numerosos documentos, no que só é un capítulo máis dunha historia recorrente neste tipo de encontros profesionais, e incluso o pasado martes as autoridades do CeBIT solicitaron os expedientes de 14 produtos expostos sospeitosos de violar a lexislación de patentes (retirándose algún).

PUBLICIDADE