RenderMan contará cunha versión non comercial de balde

venres, 30 de maio do 2014 Marcus Fernández

O estudios de animación Pixar, responsables de boa parte dos grandes éxitos na animación por ordenador do mundo do cine, están a revolucionar a súa ferramenta de animación, RenderMan, que non só experimentaría a habitual evolución propia de cada revisión de software, senón que tamén vai mudar a súa estrutura de prezos e estrear unha versión de balde para uso non comercial, que estará lista de cara ao SIGGRAPH do mes de agosto.
Temos así que os profesionais que queiran mercar RenderMan terán que pagar só 495 dólares por licenza (con descontos adicionais por volume), estando este software dispoñible para as versión de 64 bits de OS X 10.8 e 10.7, Windows 8, 7 e Vista e Linux. Pero o realmente rechamante é que cando queiramos desenvolver animación tridimensional por ordenador para uso educativo, de investigación ou persoal poderemos gozar dunha versión completa de RenderMan, sen ningunha limitación funcional, marcas de auga os restricións, o que podería ampliar considerablemente a base de usuarios desta ferramenta que leva décadas facendo posible grandes producións audiovisuais.

RenderMan fixo posible producións como os filmes de Toy Story

PUBLICIDADE