Retegal presidirá UNIRED durante 2013

luns, 18 de febreiro do 2013 Redacción

Imaxe dunha visita do presidente da Xunta ás instalacións de Retegal

A Asociación Nacional de Operadores de Telecomunicacións UNIRED, creada en 2006 para defender os intereses comúns dos máis de 2.500 centros de telecomunicacións distribuídos pola xeografía española e impulsar a súa colaboración e intercambio de coñecemento, estará presidida durante o presente ano pola sociedade pública Retegal, dependente da AMTEGA, recaendo a vicepresidencia na aragonesa AST e a secretaría na empresa Axión.
UNIRED tamén serve como canle de comunicación común cos organismos oficiais encargados da xestión das telecomunicacións, como a Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Sociedade da Información ou a Comisión do Mercado das Telecomunicacións, entre outros.
Neste sentido, durante o último ano, todas as empresas da asociación compartiron experiencias de traballo no campo da TDT, do despregamento de banda ancha e da construción de centros de telecomunicacións auto sustentables enerxeticamente, labores que pretende continuar durante o ano 2013, e aos que se incorporarán, entre outras, accións específicas no campo das redes de comunicacións dixitais de emerxencia.

PUBLICIDADE