Retiran da venda o xogo The War Z

mércores, 19 de decembro do 2012 Marcus Fernández

Onte comentamos o lanzamento en Steam de The War Z, xogo masivo en liña de zombis para PC que estaba a rexistrar unhas boas vendas iniciais, polo que sorprendeu ver que, a poucas horas, desapareceu a súa opción de compra. Ao parecer o xogo saíu á venda accidentalmente, e aínda que os usuarios que o mercasen a tempo poderán seguir a gozar do mesmo, o resto deberán agardar a que corrixan certos erros no mesmo, especialmente no que se refire aos detalles sobre o seu modelo de negocio, que non resultaba nada claro.
Pero a cousa non remata aí, senón que agora están a dar conta de que unha imaxe que está a empregarse para promocionar o xogo de Hammerpoint Interactive sería un plaxio da serie de televisión The Walking Dead (unhas directamente da rodaxe da serie e outras de afeccionados caracterizados). Unha magoa que un xogo que prometía tanto estea a dar que falar por cousas que só prexudicarán a súa reputación.

A imaxe promocional de The War Z parece froito dun plaxio masivo

PUBLICIDADE