Rock Band 2 chegará a Europa o mes que vén

xoves, 30 de outubro do 2008

Electronic Arts anunciou que o 14 de novembro comezará a pórse á venda en Europa a versión para Xbox 360 do agardado xogo Rock Band 2 a un prezo de 69,99 euros, para que unhas semanas despois cheguen tamén as versións para PS3, PS2 e Wii como tamén se fixo coa primeira entrega de Rock Band, no que parece unha apresurada resposta á chegada ao mercado de Guitar Hero World Tour.

PUBLICIDADE