Rock Band inicia a súa apertura aos creadores de música
mércores, 20 de xaneiro do 2010
As tendas virtuais de temas
descargables para os xogos de Guitar Hero
e Rock Band son unha importante fonte
de ingresos tanto para as compañÃas de videoxogos como para o sector musical, do
que só os grupos consolidados podÃan tirar proveito, o que está a mudar con
iniciativas coma a Rock
Band Network, que segundo anuncio Harmonix, iniciou
a súa fase de probas, de xeito que a través da Xbox 360, os músicos (tanto
afeccionados coma profesinais) que estean interesados poderán converter os seus
temas para o xogo Rock Band, de xeito
que logo pasarán polo escrutinio dos usuarios, que decidirán se as cancións son
axeitadas, para publicalas posteriormente coma descargas de pagamento.
O proceso de conversión musical non é sinxelo, e incluso hai quen ofrece coma
servizo a razón de 500 dólares por minuto, aÃnda que parece natural agardar que
os grupos independentes prefiran traballarse
eles mesmos o proceso para poder empregar os xogos musicais de consola tanto
para facer negocio como para darse a coñecer.
Segundo
o Wall Street Journal, grupos coma Creed e Evanescence aproveitarán este
servizo para espallar a súa música, e non serÃa de sorprender que
moitas outras formacións seguisen os seus pasos, satisfacendo asà aos seus
seguidores, que poderán interpretar as súas cancións dun xeito interactivo que
intensifica a experiencia de escoita musical.