Ryanair celebra o April Fools cunha suposta unha web de contidos sexuais

martes, 1 de abril do 2008 Fernando Sarasketa

Poñer en marcha unha web de contido erótico para ir pasando as horas mortas mentres viaxas en avión semella algo así como botar leña ó lume para os cardíacos, pero, se temos en conta o que conta Ryanair nun comunicado na súa web, debe ser algo do máis natural e, tamén, un bo xeito de diversificar o negocio, sobre todo se temos presente que o sexual segue a ser, para que nos imos a enganar, unha aposta por cabalo gañador. Así o fai saber hoxe a empresa no dito anuncio en liña, finalmente unha das moitas brincadeiras lanzadas hoxe na Web con motivo do Día dos Santos Inocentes no eido anglosaxón (o April Fools) e na que advirte da inminente posta en marcha de Ryanbare, páxina de contidos para adultos.
A web en cuestión é en realidade unha estratexia comercial para advertir doutro tipo de "destape", o dos prezos.
A páxina seguiría o ronsel de previas experiencias da firma neste eido do erotismo en liña, como por exemplo a do calendario caritativo As mozas de Ryanair. Con todo, a proposta do 1 de abril, malia ter a súa graza (podemos imaxinar múltiples escenas de quentura nos avións por mor da devandita web, amais de algunha que outra acción de desobediencia á hora de pecharse no baño ou poñer o cinto de seguridade), resultou ser ficticia e, ademais, un xeito de dicir que o que se espían non era as/os modelos, senón os prezos.

PUBLICIDADE