Ryanair montará un bingo on-line para usar durante os seus voos

venres, 3 de novembro do 2006

Os usuarios da aroliña de baixo custo Ryanair, non só permitirá o uso de móbiles outros dispositivos nas súas viaxes, senón que tamén permitirá ós seus pasaxeiros a participación nun bingo en liña e outros xogos con premios instantáneos que contará cun bote superior ás 200.000 libras esterlinas.
O servizo de apostas en voos podería lanzarse a mediados de 2007 e dependerá do servizo de móbiles que lance a compañía. Para este curioso sistema de apostas Ryanair chegou a un acordo con Jackpotjoy.com, unha compañía británica de apostas na Rede.
Durante a primeira semana deste servizo de apostas, os viaxeiros que participen nos xogos recibirán un voo gratuíto.

PUBLICIDADE