Ryanair suprime as tarifas de facturación en liña e de pase preferente

luns, 24 de setembro do 2007

A firma Ryanair, unha das máis coñecidas compañías de baixo custo e que opera en España dende hai uns anos, anuncia que suprimirá o cargo de 3 euros que viña aplicando á facturación en liña así como ó pase prioritario, aínda que seguirá a facer este cargo na facturación no mostrador do aeroporto.
Grazas a esta modificación, os pasaxeiros que viaxen con Ryanair poderán facturar de balde a través da web da compañía, e ademais de ter acceso preferente no avión, non terán que aturar longas ringleiras de xente no check-in.
Con esta medida, Ryanair pretende incrementar o número de facturacións en liña para así beneficiar ós seus clientes xa que, segundo a compañía, “os pasaxeiros poderán aforrar tempo e diñeiro”.

PUBLICIDADE