SCO declárase en bancarrota, finalizando as súas causas xudiciais pendentes

luns, 17 de setembro do 2007

Tras o fracaso xudicial de SCO no que a empresa quería o recoñecemento de dereitos sobre parte do código fonte de Linux (e co que pretendía poder esixir cantidades millonarias a empresa que empregasen o sistema operativo libre) tiveron que presentar voluntariamente unha solicitude para acollerse ó Capítulo 11 de bancarrota ante un xulgado de Delaware.
Con este paso se cancela tamén o resto dos procesos xudiciais que SCO tiña pendentes con Novell e IBM, o que supón unha mala nova para a compañía, aínda que é ben recibida polos desenvolvedores e usuarios de Linux de todo o mundo.

PUBLICIDADE