SEGA ofrece música dos seus xogos en Spotify

luns, 30 de xaneiro do 2017 Marcus Fernández

Nos últimos meses a presenza de música para afeccionados aos videoxogos en Spotify fíxose moi visible, especialmente grazas á creación dunha páxina web de recomendacións musicais pensada en tal público, e agora, para fornecer este catálogo musical cun aire moi retro chegan dende SEGA e achegan preto de 20 álbums de bandas sonoras orixinais de xogos dos anos 80 e 90 para que poidamos escoitalos en Spotify.
Entre os xogos que estrean a súa banda sonora en Spotify están OutRun, Virtua Fighter, Fantasy Zone e NiGHTS, que acompañan a outros xogos como Sonic the Hedgehog, Golden Axe ou Jet Set Radio, de xeito que os seareiros de SEGA poden así pasar bos momentos escoitando música que sen dúbida faralles lembrar tanto a momentos fronte a súa consola de videoxogos como nos clásicos salóns recreativos onde máquinas como as de OutRun (que destacaba por contar con volante, panca de cambio de velocidades e pedais) marcaron a toda unha xeración.

OutRun é un dos principais referentes dos xogos de condución arcade

PUBLICIDADE