SQL Server prepara versíón para Linux

martes, 8 de marzo do 2016 Marcus Fernández

Por se alguén desconfiaba do cambio de rumbo de Microsoft para priorizar a nube e o móbil, a compañía de Redmond fai un anuncio moi revelador: están a preparar unha versión do seu SQL Server que funcione en Linux de xeito consistente, polo que non será exclusivo de Windows Server, estreando agora unha versión preliminar, e confiando no seu lanzamento comercial a mediados de 2017.
SQL Server para Linux achegará unha maior flexibilidade para os clientes, que poderán gozar do popular servidor de bases de datos relacionais nos seus servidores con Linux, facilitando a multi-plataforma e dando unha maior liberdade á hora de configurar a infraestrutura tecnolóxica empresarial.
Cómpre salientar que actualmente SQL Server é unha solución moi atractiva á hora de desenvolver arquitecturas híbridas que poden apoiarse en sistemas na nube, para aforrar custo e incrementar a axilidade, de aí que a súa chegada a Linux poida resultar moi práctica en certos escenarios.

PUBLICIDADE