Sae oficialmente o reprodutor multimedia Miro 2.5

venres, 24 de xullo do 2009 Marcus Fernández

A versión 2.5 do reprodutor multimedia e multiplataforma Miro xa está aquí, mellorando a súa aparencia e o seu rendemento, incorporando unha nova sección na que acolle podcast de audio. Nesta nova entrega do popular programa nótase unha maior velocidade de carga (especialmente para usuarios con moitos vídeos), maior eficiencia no manexo de ficheiros de BitTorrent, melloras na interface de reprodución de audio, botón para descargar de YouTube, novos atallos de teclado, unha interface de usuario máis pulida e refinada e a corrección de moitos erros. Os usuarios que gusten do vídeo a través da Internet e da subscrición a podcasts de audio e vídeo teñen aquí unha excelente ferramenta de descarga e xestión de ficheiros multimedia.

PUBLICIDADE