Safari estrea versión para Windows

luns, 11 de xuño do 2007 Marcus Fernández

Durante a presentación de Steve Jobs na WWDC un anuncio sorprendeu bastante ós asistentes, xa que o presidente de Apple deu a coñecer unha versión de Safari (o navegador web de Mac OS X) para o sistema operativo Windows, asegurando que o seu navegador é moito máis veloz que o Internet Explorer e mesmo o Firefox, de xeito que este software se sumaría a iTunes na súa oferta de aplicacións de Apple para PC.

Jobs afirmou que os centos de millóns de usuarios de Windows que xa empregan iTunes poden dar un paso adiante pasándose “á experiencia superior de navegación de Safari”.
A velocidade de Safari non é unha característica que rife co respecto ós estándares, soportando axeitadamente HTML, CSS, JavaScript, SVG e Java.

PUBLICIDADE