Samsung desenvolveu un chip de memoria de 1 Gb para dispositivos portátiles

venres, 29 de decembro do 2006 Marcus Fernández

O incremento das capacidades de almacenamento de datos non cesa, e agora Samsung desenvolveu un novo chip de memoria DRAM de 1 Gb, sendo o primeiro deste tipo en empregar tecnoloxía de 80 nm que se comezará a comercializar no segundo trimestre de 2007.
Este novo chip de memoria é especialmente importante para dispositivos móbiles, que demandan cada día máis capacidade para prestacións multimedia e grazas ó seu reducido tamaño podería incluso integrarse en paquetes de alta densidade que poderían chegar ós 2 Gb de capacidade.
Ademais o novo chip de memoria DRAM móbil reduce o drenado de enerxía nun 30% (grazas a un mecanismo de medición de temperatura para maximizar o ciclo de autorrefresco), característica moi apreciada de cara a un menor consumo.

PUBLICIDADE