Samsung e Uni-Pixel colaboran na fabricación de pantallas TMOS

martes, 20 de outubro do 2009

As pantallas CRT, LCD e OLED poderían ter un novo competidor para o ano que vén, pois Samsung está a colaborar con Uni-Pixel para a comercialización de pantallas TMOS, que cunha única película MEMS conseguen unha relación de brillo 10 veces superior ás pantallas LCD, á vez que custan un 60% menos.
Polo momento esta tecnoloxía limitarase a pantallas de 4 polgadas, pero no futuro incluso podería aplicarse a fiestras e escaparates (posto que os paneis TMOS son transparentes).

PUBLICIDADE