Samsung inicia a produción dun bio-procesador smart

martes, 29 de decembro do 2015 Marcus Fernández

Ante a previsión de que o mercado da saúde electrónica móbil teña un elevando crecemento, Samsung anticípase e presente o primeiro bio-procesador smart, que vén a ser un microprocesador orientado a dispositivos wearables, que xa se atopa en produción en masa, para facilitar a creación de dispositivos que estean a monitorizar a nosa saúdo e o noso exercicio de xeito habitual.
O procesador ten un tamaño moi reducido, pero inclúe funcións moi versátiles que o habilitan para procesar sinais biolóxicos sen a necesidade de elementos de procesamento externos. Integra 5 front ends analóxicos (que serven para analizar a impedancia bioeléctrica, a temperatura da pel, a resposta galvánica da pel e incluso facer de fotopletismógrafo e de electrocardiograma) de xeito que un único chip pode analizar o nivel de graxa corporal, a masa muscular, o ritmo cardíaco, a temperatura ou o nivel de estrés, elementos que poden así integrase en pulseiras de monitorización de actividade e moitos outros accesorios que se enmarcan no emerxente mercado do fitness e a saúde electrónicas.
Espérase que os primeiros produtos co novo bio-procesador de Samsung cheguen ao mercado na primeira metade de 2016.

Vídeo promocional do bio-procesador de Samsung

PUBLICIDADE