Samsung presenta un disco Flash de 256 Gb e cunha velocidade de lectura de 200 Mbps

luns, 26 de maio do 2008 Marcus Fernández

Samsung anunciou o desenvolvemento do disco de memoria sólida de 2,5 polgadas máis rápido e de maior capacidade ata o momento, que funciona en interface SATA II, suma unha capacidade de 256 Gb e ten unha velocidade de lectura de 200 Mbps e de escritura de 160 Mbps. Só mide 100,3 x 69,85 x 9,5 milímetros.
Esta nova unidade supón unha evolución nos discos baseados en Flash, e comezaría a superar a barreira da capacidade neste tipo de discos, aínda que tardarán en acadar uns prezos populares, e para o último trimestre do ano se estima que poderán ter listos discos semellantes no formato de 1,8 polgadas.

PUBLICIDADE